“Cantos polos Bares”

18 DE MAIO, DÍA DA TROULA🔶
Sada celebrará o #DíadaTroula o sábado 18 de maio
🔹Comezará con “Cantos polos Bares”, cando os locais hosteleiros de Sada abran as súas portas aos cantos tradicionais da nosa terra, ás 12:30 da mañá, onde poderedes escoitar as actuacións musicais dos grupos:
Airiños do Eume – A fonte de Merlán – Airiños da Bandoxa – Os do fondo da barra – No Combaro – Cantares dos Pendellos – O son do río – Viute o demo – Os folieiros – Os Rebentos da Crunha – Muiñeiros do Sarela – Os feroces da Galgueira – Alén do mar – Ponte ó rejo
🔹Seguido dos cantos de taberna, ás 18:00 abrirase a primeira parte da Foliada Popular ao son das gaitas na Praza Irmáns Suárez Picallo. Ás 19:30 concerto de “A música de Cecebre” e ás 21:00 de “Os Carunchos”, para continuar coa segunda parte da Foliada Popular do Día da Troula ás 22:30.