CASTING SERIE TV NACIONAL EN SADA

CASTING SERIE TV NACIONAL EN SADA
Vaca Films, responsable de “La sombra de la ley”, “El desconocido”, “El Niño” ou “Celda 211”, abre casting en Sada na procura de figurantes para serie de televisión a nivel nacional
🔹A rodaxe terá lugar durante primaveira e verán do presente ano en distintos puntos de Galicia.
🔹Búscanse figurantes de tódalas edades, sexos ou razas para rodar en A Coruña, Ferrol, Vigo, As Pontes, Carballo, Sada, entre outros. Aínda que o que máis buscan son homes e mulleres de orixe árabe.
🔹Casting: Mércores 17 de Abril na Omix Sada (Oficina da Xuventude) en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
🔹As persoas que non poidan asistir ao casting deberán enviar os seus datos persoais acompañados de tres fotos a: figuracionvaca@gmail.com.
🔹TRABALLO REMUNERADO