Lonxedetodo

O vindeiro venres 7 de xuño, de 18:30 a 19:30 horas, a compañía Trinketrinke teatro ofrecerá o seu contacontos “Lonxedetodo: un modelo de comunidade” na Biblioteca Municipal, no que se contarán varios contos do libro “Contos de ratiños”, de Arnold Lobel, publicado por Kalandraka.

Neste contacontos ensinase a nenas e nenos uns sinxelos principios de funcionamento político da comunidade (que é o diñeiro público e como e para que se escolle un alcalde ou alcaldesa, principalmente).

Para asistir é necesario solicitar a inscrición en liña ou ben na propia Biblioteca.