Feira modernista

A Feira Modernista representa unha das celebracións festivas máis importantes do calendario anual do Concello de Sada e estase a converter nunha das propostas de maior participación e seguimento popular ano tras ano. O programa de actividades é moi variado, incluíndo propostas culturais en diferentes disciplinas, actividades de ocio e recreación, exhibicións, accións formativas… todo coa intención de poñer en valor a importancia do noso patrimonio cultural e histórico, evocar unha época e un movemento artístico e, como non, organizar unha proposta festiva con

atractivo cultural e turístico.