De tapas en Outono

Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego organiza os próximos 8, 9 e 10 de Novembro a VII Outono de Tapas xunto co sector hostaleiro e coa colaboración da agrupación Eres de Tapas si…

Bases Outono de Tapas 2019

Ficha de Inscrición Outono de Tapas 2019

Inscrición en liña

Sada 27 setembro 2019.

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego organiza os próximos 8,9 e 10 de Novembro a VII Outono de Tapas xunto co sector hostaleiro e coa colaboración da agrupación Eres de Tapas si…

Con esta nova Edición a concelleira da área, Laura Rodríguez, busca promociar e potenciar a hostelería local e o turismo no municipio a través de propostas gastronómicas orixinais e de calidade con productos de tempada.

Desde o luns 30 de setembro ata o 11 de outubro todos os locais de hostelería e restauración interesados en participar nesta iniciativa para dinamizar a hostelería sadenses e promocionar os seus locais poderán facelo de maneira gratuíta a través da páxina web o do formulario de incripción.

O certame, correspondente a 2019, circunscríbese aos límites administrativos do municipio de Sada, polo que poderá participar nel calquera establecemento dedicado á hostalería e restauración do concello de Sada.

Cada establecemento participante poderá presentar a concurso un máximo dunha tapa, que deberá contar entre os seus ingredientes básicos con produtos típicos da comarca e de tempada que serán elaborados nos establecementos participantes. Os establecementos, disporán dos ingredientes suficientes con previsión a cada servizo durante os días do concurso, e estableceráse un prezo fixo de 1€ por tapa servida (consumición aparte Segundo PVP), obligatorio para aqueles locais que desexen participar no certame. Os establecementos poderán seguir ofrecendo as súas tapas ou pinchos de cortesía habituais, pero non entrarán na promoción do evento.

A inscrición no concurso deberá realizarse o 30 de setembro ao 11 de outubro e será gratuíta. Deberase realizar por escrito utilizando a ficha de inscrición, a través da inscrición en liña, na Oficina de Turismo ( Avd. das Mariñas, s/n), ou no edificio administrativo do Concello de Sada, na entreplanta ou na terceira planta (Avd. das Mariñas, 25).

Calquera cliente dos establecementos non inscritos poderá propoñer a participación destes no certame subindo as fotos das tapas que ofrezan. Neste caso so optarán ao premio do grupo de facebook “Eres de Tapas si…”.