“Agasálla-te”

A Biblioteca Municipal programa para o vindeiro venres 6 de setembro a actividade “Agasálla-te”, para maiores de 16 anos.

No faladoiro ofreceranse multitude de ideas, especialmente centradas nos libros, para agasallar o teu tempo sendo ecolóxicamente responsable e fomentando o espírito creativo.

Para participar é necesario solicitar a inscrición en liña ou ben na propia Biblioteca.