Filipe Dias & Antón Iglesias

El sábado día 29 de febrero en LA TERRAZA café – jazz, disfrutaremos del concierto del guitarrista y el baterista, Filipe Dias & Antón Iglesias.

Este dúo de música improvisada explora as posibilidades tímbricas que aporta a combinación guitarra-batería. Nesta viaxe sen destino definido Dias e Iglesias abordan un mundo de creación espontánea, bebendo de orixes diversas, na búsqueda de novos ambientes musicais.

Filipe Dias, guitarrista, profesor e “freelancer”. Licénciase en guitarra (jazz) pola ESMAE con os profesores Eurico Costa, Virxilio da Silva e Nuno Ferreira. Na actualidade forma parte do corpo docente da Escola de Jazz do Porto. En 2017 integra o grupo representante da ESMAE no festival de jazz do S. Luiz, que foi premiado con un concerto en directo para a Antena 2 na Casa da Música (maio 2018). Colabora nos grupos Quinteto de Ninguém, Loren Things e Antón Iglesias & Tiago Baptista 4tet, com os que fez tours pasando por salas como o Filloa Jazz Club (Coruña) ou a Porta Jazz (Porto). En 2019 toca no proxecto Uniforme na Porta Jazz e Hot Clube de Lisboa. Toca con a Big Band da ESMAE no Guimarães Jazz, dirigida por J. Baum, Z. Lober, L. Perdomo e J. Hirshfield. Ademais ten a oportunidade de estudar con grandes nomes do jazz portugués: P. Barreiros, C. Mendes, N. Ferreira, C. Azevedo e P. Guedes.

Antón Iglesias Quintela naceu e creceu en Cambre, España. Comezou a estudar percusión durante a adolescencia. Entre as súas primeiras experiencias musicais encóntranse a Escola de Música Sementeira, o Conservatorio Profesional e o Superior da Coruña, clases de batería con Miguel Cabana e Miguel Queixas, e a Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia. Graduase en Jazz Performance pola ESMAE (Porto, Portugal), onde estudou co mestre Michael Lauren. Tamén estudou en New York con John Riley e Ian Froman como bolseiro da Deputacion da Coruña. Compartiu palco con Peter Evans, Demian Cabaud, Susana Santos Silva, José Pedro Coelho, João Guimarães, Miguel Ângelo, Roberto Somoza, Eugene Hutz e Pedrito Erazo (Gogol Bordello) e moitos máis.

Filipe Dias & Antón Iglesias

Entrada: 5€