Teatro “Casa O’Rei”

Domingo 1 ás 20h TEATRO
“Casa O’Rei” da Cía. Ibuprofeno Teatro
Esta obra propón un xogo escénico e
dramatúrxico a partir do «Rei Lear», clásico universal de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.
Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un
cocido e reúne á familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo.
Entrada libre. Aforo limitado.
Rógase puntualidade